viernes, 20 de junio de 2014

Especial IV Grovios Metal Fest

O IV GROVIOS METAL FEST é un festival de Metal que se celebrará na cidade de Tui, provincia de Pontevedra, o 26 de Xullo do 2014. Este evento está totalmente autoxestionado e autofinanciado pola Asociación Xuvenil Furabolos. Nos 4 anos de vida do festival, está tendo unha moi boa acollida por parte do público e se está consolidando como un dos festivais máis importantes do sur da Galiza – norte de Portugal en canto ao xénero Underground máis xenuíno se refire, tanto a nivel de bandas como de asistencia de público. 





INFORMACIÓN

DATA E LUGAR
• SÁBADO 26 DE XULLO – TUI, PONTEVEDRA (GALIZA)
• APERTURA DE PORTAS 19:00H
• INICIO FESTIVAL 20:00H

LINE UP IV GROVIOS METAL FEST 
• SOLDIER (Asturias)
• PESTIFER (Portugal)
• SKINNING (Portugal)
• RAZE (As pontes, A coruña)
• LETHAL VICE (Vigo, Pontevedra)
• ATOMIK DESTRUKTOR (Portugal)
• ARKHAM (Tui, Pontevedra)

ENTRADAS
As entradas poderánse adquirir unicamente en taquilla o mesmo día do festival e terán un prezo de 10€.

NO GMF PODERÁS ATOPAR...
• Mercadiño Grovio: roupa, coiro, discos, merchandising,... 
• Máis de 7 horas de música ao vivo
• Prezos moi económicos nas túas consumicións
• Acampada de balde 

CONTACTO
Para máis información, dúbidas que poidan xurdir ou calquera consulta, escribe a:
asociacion.furabolos@gmail.com
• Ou visita a nosa web: www.groviosmetalfest.com


En esta edición DCEV vuelve a colaborar con el GMF... a continuación podéis leer entrevistas con algunas de las bandas que participaran en el festival:

No hay comentarios: